Este ano, o Días das Letras Galegas está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias. Para conmemorar este día, dende o Equipo de Dinamización da Lingua e o Departamento de Tecnoloxía propoñemos a seguinte actividade / concurso.
Xa que estamos a traballar no deseño 3D, propoñemos a creación dun marcapáxinas en 3D para conmemorar o Día das Letras Galegas ou á súa homenaxeada, Xela Arias. O deseño será libre, pero deberán terse en conta algunhas consideracións que aseguren que o marcapáxinas poida ser impreso en 3D:
- A base debe ser continua e estar sobre o plano de traballo (non elevada ou por debaixo do mesmo).
- Deberá ter un espesor máximo de 2 mm e basearase na seguinte idea de "pinza" ou "clip":
Recordade que para realizar as vosas tarefas en Tinkercad debedes entrar mediante a ligazón da vosa clase que atoparedes na Aula Virtual e identificarvos coa vosa conta de usuario ou o nickname/apodo asignado. Neste caso, o nome do deseño será Marcapáxinas.
Desta forma, os vosos deseños quedarán accesibles para a súa corrección e na Aula Virtual unicamente teredes que entregar a ligazón da entrada do voso blog que conterá unha imaxe da figura final deseñada e, coma sempre, un breve texto introdutorio (en galego) que explique o voso deseño (ademais dos elementos mínimos que toda entrada debe ter: título, etiquetas, deseño coidado, etc.).



Comentarios
Publicar un comentario